Tratamentos co último en aparatoloxía Indiba

Que ofrece Indiba para o teu benestar?

En Antela incorporamos o último en aparatoloxía para que no noso centro de saúde, benestar e beleza en Ourense atopes o mellor para o teu corpo. Con este compromiso como sinal distintiva, recentemente incorporamos o último en tratamentos de Indiba Activ Therapy, unha aparatoloxía revolucionaria no noso campo e que ofrece múltiples beneficios ao usuario.

Indiba Activ Therapy é unha solución sen precedentes para unha ampla variedades de patoloxías, acelerando a curación, facilitando a mobilidade...

Se quere saber máis sobre as aplicacións de esta clase de aparatoloxía, non dubide en poñerse en contacto cos nosos profesionais. Estes explicaranlle sobre a versatilidade dos tratamentos e orientarano para que consiga en todo momento a mellor opción para a súa saúde e benestar.

Aplicacións e beneficios de Indiba Activ Therapy

Indiba Activ Therapy mostra una total eficacia en múltiples aspectos relacionados coa saúde y o benestar, como poden ser:

  • Acelerar a curación
  • Aliviar a dor
  • Facilitar a mobilización
  • Tratar dores reincidentes
  • Reducir a inflamación
Antela Saúde

Para que están indicados os tratamentos de Indiba?

Esta clase de tratamentos e aparatoloxía oriéntase para diferentes tipos de usuarios e problemas, podendo abarcar con total eficacia aspectos como:

  • Lesións do aparello locomotor: contracturas, roturas musculares, esguinces, bursites, sinovites...
  • Tratamentos de fisioestética: celulite, estrías, rehabilitación post-cirurxía, drenaxe...
  • Patoloxías dolorosas articulares: artrite, artrose...
  • Tratamentos do chan pélvico: reeducación perineal.
Antela Saúde

Múltiples beneficios para a túa saúde

A enercía electrorexenerativa de Indiba Activ permite activar o metabolismo das células restablecendo o seu equilibrio, aumentando a vascularización e a temperatura interna nos tecidos do aparello músculo-esquelético.

O resultado é unha clara aceleración dos procesos naturais de curación do corpo humano, reducindo a dor do paciente dende a primeira sesión.Ademáis, a capacidade funcional restablécese debido á recuperación do movemento, á normalización do tono muscular e ao incremento da elasticidade. Ao mesmo tempo, a drenaxe producida por Indiba Activ axudará a diminuír a inflamación.

Grazas a todo isto, redúcese considerablemente o tempo de recuperación. É un tratamento agradable, seguro, inocuo e non invasivo, incluso en presenza de implantes metálicos.