Psicoloxía Clínica

A psicoloxía clínica é unha das disciplinas sanitarias con meirande evolución nos últimos anos. Dáche ferramentas para superar un mal momento, para entender aquelas cousas da túa vida que se che puxeron costa arriba. É eficaz para recuperar as ganas de vivir e encontrar o teu verdadeiro eu.

A psicoloxía clínica é unha disciplina científica que se ocupa do diagnóstico e do tratamento de diversos problemas persoais ou de relación cos demais.

Para o tratamento de problemas emocionais, caso da depresión, o estrés, os trastornos fóbicos, traumáticos ou ben outro tipo de disfuncións, como as sexuais, problemas de comportamento, de convivencia ou de relación con outras persoas.

As consultas de psicoloxía clínica poden se realizar en distintos formatos, segundo o problema que se formule ou os desexos das persoas que acuden a se tratar. As sesión poden ter formato individual (adultos ou menores), de parella ou en familia.

En Antela contamos cun equipo profesional á fronte do cal está Daniel Latorre. A súa experiencia e a versatilidade convérteno nun dos máis prestixiosos de Galicia.

O noso equipo

Daniel Latorre Rodríguez

Psicólogo clínico

Colexiado nº G-3713

Licenciado en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Formado en Terapia familiar e experto en Intervencións Sistémicas. Ten ademais formación específica sobre Depresión, Ansiedade, Trastorno Bipolar, Psicoloxía da Muller, Psicoloxía Infantil, Psicoloxía de Parella, Mediación e Experiencias Traumáticas.

Traballa como profesional da Psicoloxía desde o 2011.

Queres concertar unha cita?