Preparación física

A mellor maneira de conseguir unha boa forma compatible cun óptimo estado de saúde é coidar a preparación física. Adestramento individual ou grupal e asesoramento profesional.

A preparación física é a parte do adestramento que busca conseguir o mellor estado posible de forma para o deportista ou afeccionado, mediante as súas aptitudes naturais e desenvolvendo ao máximo as súas calidades físicas.

Traballa con exercicios sistemáticos, graduais e progresivos, que fan posible a adaptación do corpo a un adestramento específico e técnico propio de cada deporte obtendo o maior rendemento.

Todos os deportes requiren unha preparación física, incluso aqueles onde o traballo físico non é tan intenso.

En Antela ofrecemos adestramentos personalizados e para equipos ou grupos, asesoramento no inicio á actividade deportiva, elaboración de rutinas de exercicio para levar a cabo tanto no noso centro, como no domicilio ou outras instalacións deportivas e acompañamento a ximnasios, piscinas e complexos deportivos para orientar e corrixir a actividade.

O noso equipo

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Brais Quiroga Lorenzo

Fisioterapeuta

Graduado en Fisioterapia. Máster Universitario en Fisioterapia do Deporte e Readaptación á Actividade Física. Formado en técnicas manipulativas nas extremidades. Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Queres concertar unha cita?