Podoloxía

Din que os pés son os sosténs do corpo. Que sen pés non se pode facer nada na vida. Polo tanto, manter uns pés coidados e sans é prioritario. A podoloxía cura e prevén trastornos e diferentes problemas relativos aos pés.

A podoloxía é a ciencia que ten por obxecto o estudo das afeccións e deformidades dos pés. O profesional da podoloxía é un titulado universitario sanitario que prevé, diagnostica e trata os problemas do pé, ocupándose do coidado completo e integral deste.

Os pés son elementos fundamentais que sustentan todo o noso corpo; o seu axeitado coidado pode previr afeccións nas articulacións, cadeiras, xeonllos, columna vertebral… Ter uns pés sans equivale a mellorar a nosa calidade de vida xeral. Atención a durezas, problemas nas uñas, papilomas. Estudo da pisada e da marcha e confección de soletas terapéuticas.

A podoloxía tamén trata a relación do pé co resto do corpo, xa que así como hai enfermidades sistemáticas que poden provocar patoloxías no pé tamén un mal funcionamento do pé pode producir diversos problemas no resto do organismo.

En Antela ofrecemos un servizo podolóxico integral e personalizado, dirixido a todo tipo de pacientes. A máis ampla formación e experiencia profesional, atención especializada, aplicación das últimas técnicas e coñecementos clínicos e utilización dos elementos tecnolóxicos máis innovadores.

As nosas solucións profesionais ofrecen un completo servizo de saúde podolóxica con especialidades en biomecánica, ortopodoloxía e quiropodia.

A biomecánica estuda o tipo de marcha e de pisada, procura entender o xeito de presión do pé e como isto lle afecta ao resto do corpo.

A ortopodoloxía corrixe a través de órteses diferentes problemas nos pés e ten un efecto beneficioso sobre outras partes do corpo.

A quiropodia engloba técnicas podolóxicas tales como a limpeza de calos, o corte das uñas, para prevención de engrosamentos e fungos. Tamén define a masaxe de descanso e descarga dos apoios marcados e dorosos, así coma a hidratación da pel.

 

As técnicas da Podoloxía

Quiropodoloxía: corte de unllas, eliminación de calos e durezas…

Ortopodoloxía: confección de plantillas e órteses de silicona tras unha exploración informatizada da marcha que nos mostra a biomecánica desta.

Podoloxía preventiva: elaboración dun plan para saber quen pode padecer alteracións físicas relacionadas co pé e como evitar doenzas futuras.

Podoloxía pediátrica: centrada no pé do neno e nas súas afeccións máis comúns.

Podoloxía deportiva: especializada no xesto deportivo e nas súas afeccións máis comúns.

Podoloxía xeriátrica

Coidado do pé diabético

Tratamento dermatolóxico: fungos, papilomas...

O noso equipo

Rebeca Feijoo Romero

Podóloga

Colexiada nº 856

Titulada en Podoloxía. Posgraduada en Patomecánica do Pé.

Traballa como profesional da Podoloxía desde o 2007.

Queres concertar unha cita?