Pilates e outras actividades terapéuticas

Son varias as vantaxes do Pilates: Fortalece a musculatura, aumenta a flexibilidade, mellora a concentración, aumenta a forza e a axilidade, corrixe a postura, mellora a coordinación e o equilibrio, reduce o estrés, mellora a capacidade pulmonar, aumenta o autocontrol e a autoestima

Pilates para adultos. Está indicado en todo tipo de persoas, independentemente da idade. Beneficiaranse especialmente quen sufra problemas de costas, lumbalxias, cervicalxias, dorsalxias, escolioses, hernias discais…

Pilates para nais e pais xunto coas súas fillas e fillos. Fomenta a interacción entre os pais e os seus nenos. Aprendizaxe temperá de bos hábitos posturais e deportivos, como os estiramentos, a concentración e a propriocepción nun contorno lúdico e altamente afectivo. Pódese practicar desde bebés.

Pilates infantil. Fortalece a musculatura das costas. Corrixe ou prevén posturas inadecuadas tanto no colexio coma na casa. Evita lesións derivadas do peso que se carga nas mochilas escolares. Mellora o coñecemento que o neno ten do seu propio corpo en constante cambio. Indicado en escoliose, dores frecuentes de costas, criaturas nerviosas… A partir dos 8 anos.

Pilates para a terceira idade. Con exercicios específicos para as necesidades e esixencias das persoas maiores.
 

HIPOPRESIVOS

É unha técnica que se basea na realización dun conxunto de exercicios posturais rítmicos en apnea espiratoria, o que significa unha diminución da presión torácica e abdominal, co obxectivo de tonificar a musculatura da faixa abdominal e do solo pélvico.

 

UTILIDADES DOS ABDOMINAIS HIIPOPRESIVOS

 Prevención e recuperación durante o postparto

 Incontinencia urinaria feminina

 Homes operados de próstata con incontinencia urinaria

 Ptoses pelvianas: cistoceles, rectoceles e prolapsos de útero

 Conxestión pelviana durante a menstruación

 Lumbalxias

 Dor dorsal

 Escoliose

 Hernias discais

 Problemas de retorno venoso en pernas

 Problemas respiratorios

 Taquicardia, disnea, fatiga

 Estrinximento

 Persoas colostomizadas ás que xa uniron ambas partes de intestino

 Reeducación postural

 Refluxo gastroesofáxico, hernias de hiato

 Problemas dixestivos

 Disfuncións sexuais

 Hipertonía do diafragma

 Cefaleas, xaquecas, dores retro-oculares

 Problemas do equilibrio, náuseas, vómitos, vertixe

TONIFICACIÓN

Co fin de mellorar o ton e o equilibrio muscular, esta técnica fortalece os músculos máis débiles e estira aqueles máis acurtados.

ESTIRAMENTOS

Para ter unha boa flexibilidade que nos permita conservar as nosas capacidades físicas e previr lesións. Tanto para adultos como para nenos.

ACTIVIDADES DURANTE A MATERNIDADE

Pilates e Ximnasia de Mantemento para embarazadas e exercicios de recuperación tras o parto, así como exercicio con bebés.

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

Graduada en Fisioterapia. Máster en Técnicas Osteopáticas do Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.

Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.

Actualmente é a fisioterapeuta en Galicia do club de hockey Junior FC, de Catalunya.

Blanca Gómez Jiménez

Fisioterapeuta

Graduada en Fisioterapia. Con formación en Nutrición aplicada e Punción Seca. Especialista en Fisioterapia Xinecolóxica.

Instrutora de Pilates. Instrutora de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Elena Rodríguez Penín

Enfermeira. Fisioterapeuta en prácticas

Graduada en Enfermaría. Estudante de último curso do Grado de Fisioterapia. Instrutora de Pilates e Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Queres concertar unha cita?