Osteopatía

A osteopatía entende o corpo como un sistema integrado. Combinada coa fisioterapia, multiplica as súas funcionalidades e tamén as posibilidades de recuperación de diferentes problemas.

A osteopatía baséase nun coñecemento preciso da anatomía e fisioloxía do corpo humano. Identifica as disfuncións ou alteracións que provocan un desequilibrio da saúde e centra os seus estudos no concepto de unidade e interrelación entre todos os sistemas do corpo.

A osteopatía considera o corpo como un todo que funciona de maneira global e non como estruturas illadas.

O tratamento de osteopatía consiste nun conxunto de técnicas e prácticas orientadas a aliviar a dor, restaurar funcións e promover a saúde e benestar.

Dentro da osteopatía atopámonos con:

Osteopatía estrutural: adicada ao restablecemento do aparato musculoesquelético e da postura, centrándose na columna vertebral.

Osteopatía craneal: vinculada cos problemas craniais e a súa influencia sobre o sistema nervioso central.

Osteopatía visceral: enfocada á curación de órganos e vísceras, mellorando a función destes e eliminando as dores a distancia que poden ocasionar.

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

Graduada en Fisioterapia. Máster en Técnicas Osteopáticas do Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.

Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.

Actualmente é a fisioterapeuta en Galicia do club de hockey Junior FC, de Catalunya.

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Brais Quiroga Lorenzo

Fisioterapeuta

Graduado en Fisioterapia. Máster Universitario en Fisioterapia do Deporte e Readaptación á Actividade Física. Formado en técnicas manipulativas nas extremidades. Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Queres concertar unha cita?