Oferta

Regala Antela

Regala saúde, beleza e benestar. En Antela preocupámonos polo benestar dos teus seres máis queridos e de aí xorde a idea dos nosos packs de regalo.

Se estás pensando en saúde regala unha ou varias sesións de calquera dos nosos servizos neste campo: fisioterapia, podoloxía, psicoloxía ou nutrición.

Se te decantas pola beleza talvez che gusten os nosos packs de drenaxe linfática manual, presoterapia ou  tratamentos para as pernas cansas.

Se a túa primeira opción é o benestar, nada mellor para relaxarse e hidratar a pel que os nosos tratamentos corporais e as nosas masaxes relaxantes. Os primeiros inclúen unha exfoliación de todo o corpo, unha envoltura a escoller entre chocolate, algas, cereixa ou uva, e unha masaxe corporal con aceite a escoller.