O noso equipo

Antela é un centro especializado en saúde, beleza e benestar. Estamos na cidade de ourense dende o 2012 ofrecendo un novo concepto de recuperación integral.

Contamos con servizos de fisioterapia, fisioestética, osteopatía, podoloxía, psicoloxía clínica, enfermaría, nutrición, preparación física e exercicio terapéutico.

Somos pioneiros en Galicia no emprego das técnicas da ximnasia abdominal hipopresiva con fins terapéuticos. O pilates, a ximnasia de mantemento, a tonificación e os estiramentos son outros exercicios terapéuticos que ofrecemos en Antela.

Tamén dispomos de cursos relacionados coa Maternidade, desde o embarazo á recuperación do parto, coa infancia e coa terceira idade.

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

Graduada en Fisioterapia. Máster en Técnicas Osteopáticas do Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.

Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.

Actualmente é a fisioterapeuta en Galicia do club de hockey Junior FC, de Catalunya.

Blanca Gómez Jiménez

Fisioterapeuta

Graduada en Fisioterapia. Con formación en Nutrición aplicada e Punción Seca. Especialista en Fisioterapia Xinecolóxica.

Instrutora de Pilates. Instrutora de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Rebeca Feijoo Romero

Podóloga

Colexiada nº 856

Titulada en Podoloxía. Posgraduada en Patomecánica do Pé.

Traballa como profesional da Podoloxía desde o 2007.

Daniel Latorre Rodríguez

Psicólogo clínico

Colexiado nº G-3713

Licenciado en Psicoloxía. Especialista en Psicoloxía Clínica. Formado en Terapia familiar e experto en Intervencións Sistémicas. Ten ademais formación específica sobre Depresión, Ansiedade, Trastorno Bipolar, Psicoloxía da Muller, Psicoloxía Infantil, Psicoloxía de Parella, Mediación e Experiencias Traumáticas.

Traballa como profesional da Psicoloxía desde o 2011.

Brais Quiroga Lorenzo

Fisioterapeuta

Graduado en Fisioterapia. Máster Universitario en Fisioterapia do Deporte e Readaptación á Actividade Física. Formado en técnicas manipulativas nas extremidades. Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Elena Rodríguez Penín

Enfermeira. Fisioterapeuta en prácticas

Graduada en Enfermaría. Estudante de último curso do Grado de Fisioterapia. Instrutora de Pilates e Ximnasia Abdominal Hipopresiva.