Fisioterapia e Fisioestética

A fisioterapia é o conxunto de métodos, actuacións e técnicas que –mediante a aplicación de medios físicos– curan, preveñen, recuperan e adaptan persoas afectadas de disfuncións somáticas ou ás que se desexa manter nun nivel axeitado de saúde. Confiamos nunha filosofía de traballo baseada no trato directo ao paciente polo que a terapia manual é a parte principal do noso tratamento.

Moito máis que alivio de contracturas nas costas ou escordaduras de nocello. A fisioterapia é unha das disciplinas sanitarias máis tecnificadas. A investigación e a práctica conseguen novas ferramentas e novas solucións para problemas de saúde tan diversos como problemas de tránsito intestinal, problemas respiratorios, dores de cabeza crónicas e por suposto problemas nas costas e nas articulacións.

APLICACIÓNS DA FISIOTERAPIA

Dores vertebrais (lumbalxias, cervicalxias, dorsalxias, escolioses, espondilolise, espondilolistese, esguinces cervicais, espondilite anquilosante, cefalea tensional…)

Drenaxe linfática manual (linfedemas, tratamento postmastectomía, edemas postlesión traumática (esguinces, fracturas…), retención de liquidos, síndrome premenstrual…)

Traumatoloxía: Fracturas, esguinces, luxacións, próteses, lesións articulares, fascite plantar, tendinite, rotura dos ligamentos cruzados do xeonllo, hernias e protusións discais, ciatalxias, hallux valgus…

Ortopedia: Deformidades da columna tales coma escoliose, pectum excavatum…
Lesións deportivas: contracturas, tendinites, roturas musculares, pubalxias,esguinces, periostite, contusións…

Reumatoloxía (fibromialxia, artrose, artrite reumatoidea, bursite, epicondilite…)

Alteracións circulatorias: varices, úlceras.

Neuroloxía adulta (esclerose múltipla, ictus, parkinson, enfermidades neurodexenerativas, lesións medulares, síndrome de Guillain-Barré, parálises nerviosas, alzheimer e protusións discais. Traballamos coas técnicas deBobath e Kabat).

Neuroloxía infantil (parálise cerebral, distrofia muscular de Duchenne, enfermidades neurodexenerativas).

Doenzas respiratorias e cardiovasculares (asma, bronquite crónica, EPOC, fibrose quística, sinusite, anxina de peito, infarto, rehabilitación cardíaca…)

Atención xeriátrica (osteoporose, ximnasia de mantemento, enfermidades reumáticas, enfermidade neurolóxicas –Parkinson, demencia…–…)

Pediatría (escoliose, pé zambo, pé cavo, neuropatías, deformacións, atraso psicomotor, tortícole conxénita, asma, enfermidades neurolóxicas…)

Atención xinecolóxica e urolóxica (postparto, incontinencia urinaria, cistoceles…)

Reeducación postural global.

Fisioterapia miofascial.

Fisioterapia visceral (estrinximento, dixestións difíciles…)

Fisioterapia da articulación témporo-mandibular.

Kinesiotaping e vendaxes funcionais.

Accidentes de tráfico.

 

FISIOESTÉTICA

 

A fisioestética ou fisioterapia estética é a parte da fisioterapia que combina saúde e beleza. Diríxese a determinados problemas físicos que en moitas ocasións ten a súa orixe a nivel metabólico.

Trátase de levar un paso máis alá os tratamentos tradicionais de beleza, a través de fisioterapeutas especializados que, con medios físicos e naturais, tratarán un problema estético que co paso do tempo podería desencadear outro tipo de patoloxías no organismo.

En Antela realizamos tratamentos para a celulite, a retención de líquidos, as varices, as cicatrices e as estrías. Tamén despois de intervencións cirúrxicas como liposuccións ou pequenos retoques estéticos faciais. Non só levamos a cabo unha terapia determinada senón que realizamos un estudo dos hábitos alimenticios, o nivel de actividade física e o estado psicolóxico do paciente na procura da orixe do problema.

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

Graduada en Fisioterapia. Máster en Técnicas Osteopáticas do Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.

Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.

Actualmente é a fisioterapeuta en Galicia do club de hockey Junior FC, de Catalunya.

Blanca Gómez Jiménez

Fisioterapeuta

Graduada en Fisioterapia. Con formación en Nutrición aplicada e Punción Seca. Especialista en Fisioterapia Xinecolóxica.

Instrutora de Pilates. Instrutora de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Brais Quiroga Lorenzo

Fisioterapeuta

Graduado en Fisioterapia. Máster Universitario en Fisioterapia do Deporte e Readaptación á Actividade Física. Formado en técnicas manipulativas nas extremidades. Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Elena Rodríguez Penín

Enfermeira. Fisioterapeuta en prácticas

Graduada en Enfermaría. Estudante de último curso do Grado de Fisioterapia. Instrutora de Pilates e Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Queres concertar unha cita?