Enfermaría

O control do estado da saúde é unha das principais funcións da actividade sanitaria. En Antela, encárgase diso a nosa área de Enfermaría.

A enfermaría abarca os coidados a persoas de todas as idades, familias, grupos e comunidades, enfermos ou sans. Busca a promoción, mantemento e recuperación da saúde, así como a prevención de enfermidades e discapacidades.

En Antela ofrecemos un servizo de medición e control da frecuencia cardíaca, tensión arterial, saturación de osíxeno, glicosa, tratamento de rozaduras…

A actividade física desempeñada no noso centro con grupos de risco, caso de doenzas cardíacas ou vasculares, será supervisada en todo momento por unha enfermeira cualificada.

O noso equipo

Elena Rodríguez Penín

Enfermeira. Fisioterapeuta en prácticas

Graduada en Enfermaría. Estudante de último curso do Grado de Fisioterapia. Instrutora de Pilates e Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Queres concertar unha cita?