Novas /
12.01.2016

Rehabilitación baseada en Pilates: unha técnica nova e efectiva

A Rehabilitación Baseada en Pilates (RBP) é unha técnica fisioterapéutica novidosa que aplica os exercicios de Pilates para tratar alteracións do movemento. Cun repertorio de máis de 150 exercicios, a RBP pode executarse no chan (é a modalidade que desenvolvementos no centro de Antela) ou coas máquinas habituais tamén no resto das modalidades de Pilates.

Neste modalidade de rehabilitación, é fundamental o contacto entre o profesional da Fisioterapia e o paciente. A comunicación e a avaliación previas facilitan que se planifiquen programas personalizados que van variando no tempo a medida que se vai validando o seu efecto. É, polo tanto, tan importante o exercicio que se realiza para rehabilitar a lesión como o que se deseña como método de prevención de futuras recaídas ou lesións relacionadas.

A RBP demostrou a súa eficacia no tratamento e prevención de lesións musculoesqueléticas. A súa aplicación, aínda que é xeral e pode atinxir calquera persoa que o necesite, é moi solicitada por deportistas de alto rendemento, que necesitan non só unha rápida recuperación das súas alteracións senón técnicas fisioterapéuticas que melloren o seu desempeño deportivo.

A rehabilitación baseada no método pilates é unha técnica aínda novidosa, moi imbricada coa investigación médica e fisioterapéutica e con ampla marxe de percorrido no futuro. Se queres saber máis do que o pilates pode facer por ti, recorda que Antela é un centro especializado en todo tipo de exercicio terapéutico.

Elaborado por Raquel López, fisioterapeuta en Antela.