Novas /
03.06.2016

A fisioterapia, aliada contra a obesidade infantil

Numerosos estudos demostran a relación entre a obesidade infantil e un maior risco de fracturas, afectación de ligamentos, fascias e tendóns e enfermidades dexenerativas e inflamatorias. Pero ás veces pode ser perigoso tamén deseñar a estratexia de adelgazamento para o menor. O corpo dun cativo está en constante evolución e hai que ter moito coidado para non danar o seu crecemento ou crearlle secuelas físicas.

A fisioterapia fai unha valoración minuciosa do neno e analiza o seu sistema músculo-esquelético para ver se existe algún tipo de alteración estrutural como a escoliose ou o pé plano. Coa fisioterapia pretendemos controlar a redución do peso do neno mediante a actividade física controlada e a educación alimenticia.

Será importante traballar sobre superficies brandas, empregando o calzado máis adecuado no seu caso. Controlaremos tamén a postura do neno durante a actividade física, pois no caso de non ser correcta terá máis risco de sufrir algunha lesión.