Novas /
12.04.2016

Antela ofrece servizo de fisioterapia no centro deportivo de Eiroás

Centro deportivo de Eiroás.

Antela amplía os seus servizos. Amais de poder contar cos nosos servizos habituais e completos no noso centro sanitario do barrio do Couto (rúa de Vila Real, 15), desde hai unhas semanas ofrecemos servizos de fisioterapia nas instalacións do centro deportivo de Eiroás (rúa do Sol, 1, Ourense), un complexo que conta con pistas para a práctica deportiva no exterior, ximnasio e tamén piscina climatizada.

O servizo de fisioterapia en Eiroás está dispoñible de luns a xoves nun horario flexible, de mañá e de tarde. Os estándares de calidade e o método de traballo son iguais tanto no centro do Couto coma en Eiroás, así como o persoal encargado dos tratamentos. Agora podes contar cos profesionais e a especialización de Antela en dous locais de Ourense.