Novas /
03.06.2016

Antela estrea web

Tras case catro anos, Antela renova a súa imaxe na rede. A nova web busca que a relación entre os usuarios e o contido sexa máis clara, máis intuitiva, máis actual e máis moderna.

Para conseguilo, dámoslles valor ás nosas esencias. Os nosos servizos aparecen moi destacados, dun xeito diáfano e accesible para aquelas persoas que están a buscar información sobre o que facemos, sobre o que podemos facer por elas.

Así, agora é moito máis doado saber quen traballamos aquí e en que podemos axudarche. Seguimos a ter os servizos de sempre e ao mesmo tempo seguimos pensando en que poder ofrecerche para que mellore a túa saúde e o teu benestar, para favorecer que gañes en beleza e en calidade de vida.

Ademais, tamén renovamos o noso blog, non só a nivel estético senón tamén en canto ao seu alcance e contidos. Queremos que esteas ao día do que pasa en Antela, que esteas informado dos nosos cambios, melloras... 

E coma sempre, recorda que Antela só é posible se ti te sentes a gusto co noso proxecto. Grazas por confiares en nós.