Antela Elite

Antela Elite é un programa combinado e exclusivo de prevención e recuperación de lesións e de mellora do rendemento deportivo.

Somos especialistas en Fisioterapia Deportiva. Da nosa experiencia nesta área xorde este novo programa que combina prevención e recuperación de lesións coa mellora do rendemento deportivo. Programa individual e personalizado supervisado por profesionais de diferentes áreas sanitarias.

Está orientado a deportistas de todos os niveis que procuran optimizar a experiencia da súa actividade.

Antela Elite integra nun só programa a fisioterapia deportiva, o exercicio terapéutico, a prepración física, a podoloxía, a nutrición e a enfermaría deportiva.

.

EXERCICIO TERAPÉUTICO

O programa consegue previr e recuperar lesións e tamén mellorar o rendemento deportivo. A ferramenta para lograr estes obxectivos é un concepto de exercicio terapéutico personalizado e deseñado de maneira individualizada.

Os exercicios adáptanse ao nivel de esixencia física e ás necesidades de cada deportista.

É un exercicio enfocado a restablecer as funcións normais do corpo e a mantelo en estado de benestar.

Favorece a elongación dos músculos acurtados. Fortalece os músculos débiles. Mellora a postura e a aliñación corporal.

Aumenta a flexibilidade, o equilibrio, a coordinación e a propriocepción.

Equilibra os músculos lumbares e abdominais.

Fortalece o solo pélvico e prepárao para deportes de impacto.

Mellora a capacidade respiratoria e corrixe hábitos inadecuados.

Fai máis efectiva a nutrición muscular e as circulacións sanguínea e linfática.

Diminúe a ansiedade e mellora o sono.

 

Que inclúe Antela Elite

  • Programas de estiramentos.
  • Rehabilitación funcional na auga.
  • Pilates.
  • Ximnasia abdominal hipopresiva.
  • Reeducación postural global.
  • Programas de exercicios de fortalecemento muscular.
  • Exercicio proprioceptivo.

 

 

OSTEOPATÍA, FISIOTERAPIA DEPORTIVA E TRAUMATOLÓXICA

As técnicas destas disciplinas son as máis válidas para manter músculos e ósos en perfectas condicións para a competición deportiva.

Que inclúe Antela Elite

  • Valoración previa de cada deportista co obxectivo de determinar posibles alteracións causantes de lesións futuras.
  • Asesoramento profesional e abordaxe integral coas técnicas e métodos que demostran ter unha maior eficacia.
  • Avaliación continuada do deportista.
  • Tratamentos antes, durante e despois das competicións.
  • Readaptación físico-deportiva tras lesións.
  • Corrección do xesto deportivo.
  • Programas de reeducación proprioceptiva.
  • Vendaxes funcionais e neuromusculares.
  • Técnicas manuais osteopáticas.
  • Masoterapia.
  • Ultrasóns.
  • Láser.
  • Punción seca.

 

 

NUTRICIÓN DEPORTIVA

Debe ser consideraa parte da preparación do deportista para alcanzar o rendemento ideal. A alimentación debe adaptarse á etapa da vida, á situación fisiolóxica do individuo e ás súas necesidades.

Que inclúe Antela Elite

  • Hidratación: Como conseguir unha boa hidratación. Estratexias para repoñer líquidos durante o día, durante os adestramentos e competicións.
  • Dieta: Deseño da alimentación segundo as etapas da planificación competitiva. Como manterse en forma en períodos sen competición. Regras para cando comemos fóra da casa. Como gañar masa muscular. Que cambiar para aumentar ou diminuír o peso.
  • Deportistas vexetarianos: Nutrición vexetariana para deportistas. De onde obter as proteínas precisas, ferro, zinc e vitamina B12. Alimentos que interfiren na absorción do ferro.

 

 

PODOLOXÍA DEPORTIVA

 

O pé está formado por 28 ósos, 33 articulacións e máis de 100 tendóns. A saúde do pé é fundamental na práctica deportiva xa que sustenta o corpo durante o exercicio.

Que inclúe Antela Elite

Estudos biomecánicos da pisada e análise da marcha co fin de previr a aparición de lesións e mellorar o rendemento deportivo.

  • Estudo estático e dinámico do pé.
  • Diagnóstico de posibles orixes podolóxicas de lesións presentes ou recorrentes.
  • Deseño personalizado da ortopedia.
  • Detección de alteracións de costas e pernas derivadas dun mal apoio.
  • Axuda na elección do calzado adecuado.
  • Tratamento da pel e unllas dos pés.

 

 

ENFERMARÍA DEPORTIVA

 

Que inclúe Antela Elite

Medición e control estatístico daqueles factores que inflúen no rendemento deportivo:

  • Frecuencia cardíaca.
  • Tensión arterial.
  • Saturación de osíxeno.
  • Glucosa.
  • Tratamento de rozaduras.
  • Medicións antropométricas.

 

Antela Elite está indicado para todos os deportistas: running, atletismo, ciclismo, bici de montaña, piragüismo, remo, tenis, pádel, ximnasia, fútbol, fútbol 7 e fútbol sala, básquet, balonmán, vólei, hóquei, deportes ecuestres, natación, waterpolo.

 

O noso equipo

Eva Rodríguez Penín

Directora xeral de Antela e fisioterapeuta

Colexiada nº 1.857

Graduada en Fisioterapia. Máster en Técnicas Osteopáticas do Aparato Locomotor. Máster en Patoloxía Deportiva. Máster en Tratamento da Articulación Témporo-Mandibular. Posgraduada en Fisiopatoloxía do Sistema Músculo-Esquelético Cráneo-Mandibular. Experta en Fisioterapia Deportiva. Ten formación en Fisioterapia Deportiva de Elite, Fisioterapia xeriátrica, Ecografía músculo-esquelética e Fisioterapia Visceral. É especialista en Kinesiotaping e en Drenaxe Linfática Manual.

Instrutora de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Traballa no campo da Fisioterapia desde o 2007. Experiencia en actividades grupais coa 3ª idade, Fisioterapia xeriátrica e Fisioterapia Clínica. Foi a fisioterapeuta do Ourense Fútbol Sala, do Maside CF, do Porriño Industrial CF, do CD Choco de Redondela, da Federación Galega de Bádminton e do Centro de Alto Rendemento Deportivo da Estrada.

Actualmente é a fisioterapeuta en Galicia do club de hockey Junior FC, de Catalunya.

Blanca Gómez Jiménez

Fisioterapeuta

Graduada en Fisioterapia. Con formación en Nutrición aplicada e Punción Seca. Especialista en Fisioterapia Xinecolóxica.

Instrutora de Pilates. Instrutora de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Daniel Caballero Ruiz

Fisioterapeuta

Diplomado en Fisioterapia. Licenciado en Ciencias da Actividade Física e do Deporte. Máster en Fisioterapia Manual e Osteopatía.  Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Brais Quiroga Lorenzo

Fisioterapeuta

Graduado en Fisioterapia. Máster Universitario en Fisioterapia do Deporte e Readaptación á Actividade Física. Formado en técnicas manipulativas nas extremidades. Instrutor de Pilates e de Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Elena Rodríguez Penín

Enfermeira. Fisioterapeuta en prácticas

Graduada en Enfermaría. Estudante de último curso do Grado de Fisioterapia. Instrutora de Pilates e Ximnasia Abdominal Hipopresiva.

Rebeca Feijoo Romero

Podóloga

Colexiada nº 856

Titulada en Podoloxía. Posgraduada en Patomecánica do Pé.

Traballa como profesional da Podoloxía desde o 2007.

Queres concertar unha cita?