Antela Saude

Antela é un centro especializado en saúde, beleza e benestar. Estamos na cidade de ourense dende o 2012 ofrecendo un novo concepto de recuperación integral.

Contamos con servizos de fisioterapia, fisioestética, osteopatía, podoloxía, psicoloxía clínica, enfermaría, nutrición, preparación física e exercicio terapéutico.

Somos pioneiros en Galicia no emprego das técnicas da ximnasia abdominal hipopresiva con fins terapéuticos. O pilates, a ximnasia de mantemento, a tonificación e os estiramentos son outros exercicios terapéuticos que ofrecemos en Antela.

Tamén dispomos de cursos relacionados coa Maternidade, desde o embarazo á recuperación do parto, coa infancia e coa terceira idade.

Queres concertar unha cita?

Novas /
03.06.2016

A fisioterapia, aliada contra a obesidade infantil

Tan perigoso é que un neno estea obeso coma intentar acometer o proceso de adelgazamento sen ter en conta as características especiais da anatomía da infancia e da adolescencia. Consulta co teu profesional da Fisioterapia como evitar efectos secundarios.

Novas /
03.06.2016

Antela estrea web

Estreamos nova imaxe na web. Máis dinámica, máis clara, máis enfocada naquelas necesidades dos nosos pacientes e de quen quere coñecernos. Aberta e chea de moitas posibilidades.

Novas /
03.06.2016

Éxito dos equipos cos que colabora Antela

Tres dos catro equipos cos que colabora Antela no servizo de Fisioterapia remataron a tempada con éxito. Os dous conxuntos da UD Ourense sénior (masculina e feminina) e o Keltia Rugbi de Ourense estarán o ano que vén nunha competición superior.

Spot presentación TV